Main Page 2009/gl
From Document Freedom Day
Difunde a palabra
- Únase á lista de distribución DFD media e o noso equipo manterao ao día das noticias e novidades.
- Visite a nosa páxina de material gráfico e comparta as imaxes que promocionan o DFD
Últimos equipos
Estamos formando os equipos do DFD en todo o mundo. Únase á comunidade e engadiremolo á lista, agardamos por vostede!
- Red Educativa Sanjuanina
- FOSBie
- Fundación Vía Libre
- OpenSUSE-tn
- Docu Mentors
- FATEC
- CACN
- ETSU Linux Users Group
- DFSA
- New Mexico Ubuntu Loco
- La Nueva Guardia de Tux
- Soi
- UBUNTU Berlin UserGroup
- CSP FOSS SIG
- Open Init Group
- OSRC
- OSLUCA
- India ODFAlliance
Novidades en DFD 
Introdución ao Día para a Liberdade dos Documentos
Primeiro anuncio oficial do Día para a Liberdade dos Documentos:
«O 26 de marzo, Día para a Liberdade dos Documentos, proporcionará un punto de apoio para a liberación dos documentos e os estándares abertos. Dará, literalmente, aos equipos do mundo a oportunidade de "izar unha bandeira": estase preparando un "DFD Starter Pack" que conterá unha bandeira, unha camiseta, folletos e autocolantes. Enviaráselle durante as primeiras semanas de marzo aos 100 primeiros equipos que se inscriban. Dezaseis equipos xa se apuntaron na fase de preparación da DFD antes desta nota de prensa. Inscriba o seu equipo agora!
Os primeiros equipos e as primeiras traducións
A comunidade para o Día da Liberdade dos Documentos comeza a ter forma. Estamos contentos de recibir a primeira solicitude de rexistro dun equipo, xunto coas primeiras traducións das nosas páxinas.
Estamos moi agradecidos por estas achegas temperás, esperando que a nosa comunidade medre e sexa un poderoso apoio para a liberación de documentos.
Organizando a web e comezando
Estamos organizando a web e comezando. Este sitio será o punto de partida para as actividades do DFD e o punto principal para reunir información sobre as actividades en todo o mundo da comunidade para a liberdade dos documentos.
Engadiremos constantemente novas características co obxectivo de proporcionar todos os recursos necesarios para que os equipos presenten e coordinen as súas actividades. Proporcionaremos o mellor de nós mesmos para facilitar o streaming de vídeo para navegadores libres para amosar ao mundo o que os equipos fixeron.
Siga á escoita ;)







